lunes
24 de junio de 2019
Facebook Twitter Vídeos Añadir a favoritos Contacta con nosotros
  • Deporte
  • select
  • Sede
  • select
  • Competición
  • select
ENTREVISTA
Daniel Torrado: "Esta temporada metín moitos coa esquerda sendo dereito"
miércoles, 10 de abril de 2019
307 lecturas
Volver

Esta semana entrevistamos a Daniel Torrado, máximo goleador de la División de Honor de Santiago de Compostela durante el Apertura y actual pichichi de la competición durante el Clausura.

P: 25 goles en el Apertura, el mejor goleador de la categoría de largo, ¿qué valoración haces de la primera parte temporada tanto a nivel personal como colectivo?

R: Divertímonos bastante que é o importante. Realmente, quedamos nunha posición, para nós, bastante boa e mellor do que pensabamos. A nivel individual encantado de que sirvan os goles para que o equipo quede o máis arriba posible. O dos goles ao final é resultado de que nos entendemos, nos compenetramos moi ben e que son eles os que propician as circunstancias para que eu poida marcar os tantos.

P: ¿Recuerdas algún gol en especial por su belleza o dificultad? 

R: A verdade é que non, especialmente ningún, xa que metín varios con resultados axustados. Si que me lembro dos goles que marcamos nun partido que perdiamos 4-0 e que acabamos gañando 6-5. Como curiosidade, o outro día botando contas, 60% dos goles foron ca perna dereita e 40% coa perna esquerda. Esta temporada metín moitos coa esquerda sendo dereito.

P: ¿Y con la cabeza?

R: Pois de cabeza metín un só. En F7 é compricado e ademáis nunca foi algo que se me dera moi ben.

P: ¿Crees que te beneficia el juego de tu equipo a la hora de marcar goles?

R: É evidente senón é imposible, incluso para o xogador máis grande [Risas] é moi difícil se o equipo non propicia esas circunstancias para que poida marcalos. No noso caso temos unha media de idade case nos corenta. A condición física non é o noso principal potencial polo que nós suplímolo coa comprensión do xogo e co coñecemento do equipo, pontenciando a parte máis forte de cada un tratando de minimizar a nosas debilidades. A raiz deso, conseguimos levar a pelota ata onde eu son capaz de xerar máis beneficio para o equipo, é dicir, o máis preto da área posible.

P: ¿Que características definen a Daniel Torrado como delantero?

R: Tecnicamente bo golpeo de balón e para os controis e bo posicionamiento sobre o campo, tanto sexa para recibir coma para rematar.  

P: A nivel colectivo, fuisteis segundos la mayor parte del torneo y al final se os escapó esa segunda a manos de Media Lúa, ¿hubo una pequeña decepción al final?

R: Non chegamos aos partidos pensando que temos que gañar pasa subir puntos na clasificación. Dígoo con total sinceridade e calqueira do equipo pódeche dicir o mesmo, nos imos a pasalo ben e estámonos a divertir. No partido contra Media Lúa concretamente, perdimos, e podo dicir que foi o equipo que mellor nos gañou, xa que non nos deron ningunha opción. Con Merlego estivemos preto, sendo un equipo espectacular, tivemos as nosas oportunidades. Con Media Lúa non. Xogáronnos moi ben e gañáronnos moi merecidamente. Non é unha decepción, o de "partido a partido" con nós é tal cual, pero sen pensar na clasificación, tan só pensamos en divertirnos e se pode ser en gañar.

P: Hablando del Clausura, ¿os vais encontrando más cómodos y parece que podéis quedar más arriba?

R: Unha cousa non quita a outra. Se te divirtes e podes quedar segundo en vez de terceiro, mellor. No caso do fútbol a todos nos gusta gañar. Por suposto que estamos máis cómodos. A maior parte da xente do equipo non xogara a F7 nunca e realmente hai que adaptarse. O tema do fora de xogo, como colocarse no campo, a táctica... A verdade é que estamos todos moito máis cómodos e o posicionamento mellorou moito, en nós e nos contrarios. Xa nos coñecemos, levamos varios partidos xogados, nótase ese nivel de maduración da liga e cada vez cóstanos máis.

P: Siempre realizamos una pregunta sobre el patrocinador, ¿por qué Librería Gallaecia?

R: O patrocinador é unha libraría histórica de Santiago de Compostela que leva colaborando co equipo moitos anos, previamente en ligas de fútbol sala e que continúa aí axudando. Estámoslle moi agradecidos.

P: ¿Cómo está siendo la experiencia en la GF7C?

R: Tiña moitas gañas de xogar ao fútbol 7, xa que eu sempre estiven no 11 e durante algúns anos probei o sala, pero non me convencía demasiado. Estaba desexando xogar e por fin puido organizarse en Santiago esta competición e entre todos convencímonos para xogar e a verdade é que foi un acerto total. O F7 é moi divertido, as instalacións de Conxo son fantásticas e a organización está indo moi ben e é moi predecible que é case o mellor que se pode dicir. A verdade e que agardamos que para o ano se anoten máis equipos e que poida haber máis competencia.

Image